Dixardín: compromiso medioambiental

Innovación antes, durante e despois do coronavirus: a revolución dos coidados
17 Abril 2020
Como adaptar o teu espazo de traballo fronte ao COVID-19
19 Xuño 2020

En Dixardín temos un firme compromiso co desenvolvemento medioambientalmente sostible.

Por iso, levamos a cabo proxectos propios e en colaboración con outras institucións e administracións que teñen o obxectivo de protexer a nosa contorna.

Coñece algunhas das nosas iniciativas ambientais:

 

Carballo, cidade xardín

Dentro das cidades, contornas con demasiado consumo, demasiados refugallos e demasiado cemento, os xardíns, as árbores, as terrazas, e mesmo unha simple maceta, achegan un toque de natureza, cumprindo funcións esenciais como producir osíxeno e absorber partículas contaminantes, aumentar a diversidade de especies animais e ofrecer un espazo para o descanso e o lecer. En resumo: calidade de vida.

Por iso, aínda que a cidade achéganos comodidade e moitas oportunidades, algo no noso interior goza en contacto coa natureza. O xardín é unha boa maneira de achegarnos a ela, de participar e de recrear os procesos da vida, rodeándonos dun ambiente harmónico e tranquilo.

Pensar en verde

O concello de Carballo é un bo exemplo de compromiso na conservación e mellora da súa infraestrutura ecolóxica para que a natureza na cidade configure unha auténtica rede verde que beneficie a todas as persoas.

En colaboración con Dixardín, aposta por impulsar un incremento de espazos verdes e un modo de xestionalos en favor da conservación e mellora da biodiversidade, do patrimonio natural e dun contacto máis rico da cidadanía coa natureza urbana.

Porque a idea dun xardín sostible vai máis aló do mero espazo verde: supón a posibilidade de realizar un cambio na maneira de facer as cousas.

 

Dixardín leva a biodiversidade, a reciclaxe e a economía circular  a centros educativos de Ames.

Dixardín recolle refugallos orgánicos de comedores de centros escolares de Ames para facer compostaxe.

 Hai case dous meses que o noso centro especial de emprego é o encargado de recoller os restos orgánicos xerados nas cociñas dos comedores dos colexios  C.E.I. P  do  Agro do Muíño e E.E.I Milladoiro do concello de Ames, e trasladalos ao viveiro municipal.

A finalidade deste proceso é facer compostaxe con estes refugallos orgánicos, unha maneira de coidar o medio ambiente e ao mesmo tempo tratar de facer abono orgánico para ser empregado nas zonas verdes do concello amiense.

O viveiro conta con 6 recipientes de compost con 800 litros de capacidade que se irán enchendo os luns,  mércores e venres, os días de recollida dos restos orgánicos das cociñas e tamén dos restos vexetais procedentes de poda e que serán  triturados para o seu tratamento.

En catro días, a rede de comedores escolares municipais, que a diario dispensa 1.300 menús, xerou xa 260 quilos de restos de comida.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade