CEEs

¿Que é un CEEIS?

Os Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social son empresas promovidas polo movemento asociativo da discapacidade, baixo os principios da Economía Social: primacía da persoa sobre o capital, sistema de traballo democrático e autoxestionado e reinversión do beneficio na iniciativa económica.

Trátase de centros de traballo nos que o seu cadro de persoal está composto polo menos nun 70% por persoas con discapacidade, e co obxectivo principal de realizar un traballo produtivo, participando regularmente no mercado no que opere, e constituíndo un medio para a inclusión laboral das persoas con discapacidade.

Os nosos CEEIS

As persoas son o eixo fundamental das empresas do Grupo GES. As nosas traballadoras e traballadores son o verdadeiro motor do que facemos e quen conseguen que a engrenaxe funcione. Durante máis de 15 anos, consolidamos un equipo de máis de 700 profesionais que fan seus os nosos valores:

*profesionalidade, entusiasmo, transparencia…

 

O emprego é un factor esencial para a inclusión social das persoas con discapacidade. Por iso, as iniciativas empresariais de Galega de Economía Social apostan decididamente pola promoción do emprego deste colectivo, que en Galicia supera as 227.000 persoas, así como por un mercado de traballo inclusivo que aborde o emprego das persoas con discapacidade como unha oportunidade para todas e todos.

Máis do 85% do noso persoal son persoas con discapacidade especializadas en sectores altamente competitivos, levando a cabo distintos proxectos en campos moi diversos: ambiental, alimentación, artes gráficas, transporte, distribución ou reciclaxe.

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade