En Accede Social non existen traballos `para el´ ou `para ela´

COGAMI Empresarial elabora 3 guías sobre sostibilidade e accesibilidade no marco do proxecto CEPES
29 Xullo 2022
“Dito e feito!”, un proxecto con dobre impacto positivo
20 Novembro 2023

Culturalmente, a sociedade asociou determinados postos de traballo a un xénero concreto. E, a pesar de que esta tendencia está a reverterse, aínda queda moito por facer para que desapareza por completo. En COGAMI Empresarial, queremos que esta situación cambie e que tanto mulleres como homes accedan libremente e en igualdade de condicións ao traballo que desexan, afastados de etiquetas e prexuízos.

O sector do transporte é un dos postos onde o persoal masculino segue predominando notablemente sobre o feminino e, por iso, é tamén un dos focos nos que estamos a traballar para conseguir esta igualdade.

Mentres que no total de Accede Social as mulleres representan o 40% do persoal, como condutoras só somos o 11,23%”.

Patri é unha das mulleres que traballa como condutora. Desde a súa incorporación en 2019, viu como evolucionou esta realidade. Segundo explica, “son unha das poucas mulleres entre unha chea de homes. Con todo, as condicións laborais e o recibimento entre compañeiras/os sempre foi o máis positivo. Desde o primeiro momento axudáronme moito”, confesa.

A discriminación da muller na sociedade é un feito palpable e, no ámbito laboral, a presenza desigual entre mulleres e homes acentúase nalgúns sectores. Desde GES, matriz de COGAMI Empresarial, queremos reverter esta tendencia porque non cremos que haxa traballos masculinos ou femininos. Patricia, condutora en Accede Social, é un claro exemplo desta evolución cara á igualdade de acceso a postos laborais dentro do noso Grupo de empresas.

Pequenas medidas que xeran grandes cambios

En COGAMI Empresarial cremos que é fundamental traballar para reverter esta tendencia numérica. Aquí é onde entran en xogo os Plans de Igualdade das nosas empresas que fomentan, entre outras cousas, a representación equilibrada entre mulleres e homes en distintos sectores profesionais.

Por iso, incorporamos á nosa estratexia organismos de formación que nos axuden a atraer tanto a mulleres que queiran ocupar postos en sectores masculinizados como á inversa e garantimos procesos de selección igualitarios.

Somos conscientes do gran percorrido que queda por diante. Conseguir a igualdade entre as persoas é un traballo polo que loitaremos tanto a nivel interno como xeral. O noso desexo é que máis mulleres como Patri, se arrisquen e persigan o seu soño de converterse na profesional que desexan ser. “Nestes anos ser muller xamais foi un freo dentro de  Accede Social. Sempre cheguei aos meus obxectivos dentro da empresa como unha máis”, afirma orgullosa. Un comentario que fai en voz alta e clara para que chegue o máis lonxe posible.

Avanzando en Igualdade!

        

A historia de Silvia Alende                                                A historia de Virginia 

Xerente en Accede Social                                                 Punto Limpo de Coregal, en Arzúa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade