Momentos complicados na vida hai moitos, pero hai veces que as dificultades transfórmanse en oportunidades. Cando nos parece que xa non hai ningunha saída, a vida sorpréndenos cunha segunda oportunidade.
Así foi para Jorge. Tras varios anos sen traballo, o sector da xardinería fíxolle un oco grazas ao proxecto ‘Dito e Feito’, desenvolvido polo Concello de Lugo en colaboración con Dixardín, do grupo Empresarial de COGAMI, para o embelecemento urbano da cidade.
“Antes de atopar este emprego non traballara neste sector, dedicárame durante moitos anos ao sector da construción. Aprendín moitísimo sobre xardinería e a importancia de facelo de forma correcta”, cóntanos. Jorge manifesta estar “moi contento” e “agradecido por esta oportunidade que cambiou a miña vida por completo”.
O aprecio é recíproco: “Desde o primeiro momento destacaron as súas ganas por aprender e a súa implicación en facer ben o seu traballo. Enseguida adaptouse ás tarefas que tiña que realizar e ao resto de compañeiras/os. Jorge é un claro exemplo de que, se queres, podes”, sinala Pedro Guerreiro, coordinador do proxecto en Dixardín. “Con ‘Dito e Feito’ vimos como persoas que por distintas circunstancias estaban a pasar por unha situación complicada, puideron cambiar dita situación grazas ao seu esforzo, entusiasmo e ganas”.
E claro que Jorge tiña ganas. Esta oportunidade foi para el un antes e un despois na súa vida. “Para min, atopar un emprego, supúxome tranquilidade, saber que a final de mes vas ter un soldo. Ter solvencia económica permíteme cubrir as necesidades que se xeran na miña casa e tamén gozar coa miña familia”, explica.
A certeza de estar a facer algo positivo é mutua. Desde Dixardín, Pedro asegura que a empresa séntese “satisfeita, entusiasmada e comprometida” con este proxecto. “Traballamos para mellorar a calidade de vida dos lugares onde estamos presentes e para xerar, coa nosa actividade, oportunidades laborais para as persoas con discapacidade”, afirma.
Para Jorge, todo empezou de novo, cando, buscando oportunidades, informouse de que COGAMI Lugo ía desenvolver unha formación sobre xestión e tratamento de residuos. “Cando me estaba formando, Pedro, o responsable do proxecto en Dixardín, transmitiume o seu interese en que formase parte do seu equipo. E así chegou a miña oportunidade”, lembra emocionado.
Jorge recoñece que co seu emprego en “Dito e feito” a súa conciencia ambiental e responsabilidade foi crecendo aínda máis. “Sempre me gustou a natureza. Gústame moito o que fago, e se ademais axudo a que a cidade estea máis bonita e limpa, moito mellor”.
Nome | Provedor | Propósito | Caducidade | _icl_current_language | WPML | Usamos WPML para locale management. Leer más | 1 día |
---|---|---|---|
cmplz_user_data | Complianz | Para determinar que banner de cookies mostrar. | 1 año |
cmplz_id | Complianz | Para almacenar as preferencias de consentimento de cookies. | sesión |
complianz_consent_status | Complianz | Para almacenar as preferencias de consentimento de cookies. | 1 año |
cmplz_stats | Complianz | Para almacenar as preferencias de consentimento de cookies. | 1 año |
cmplz_marketing | Complianz | Para almacenar as preferencias de consentimento de cookies. | 1 año |
cmplz_choice | Complianz | Para almacenar as preferencias de consentimento de cookies. | 1 año |
complianz_policy_id | Complianz | Para almacenar as preferencias de consentimento de cookies. | 1 año |
cmplz_banner-status | Complianz | Para almacenar as preferencias de consentimento de cookies. | 1 año |
cmplz_consented_services | Complianz | Para almacenar as preferencias de consentimento de cookies. | 1 año | cmplz_policy_id | Misceláneas | 365 días | cmplz_statistics | Misceláneas | 365 días | cmplz_preferences | Misceláneas | 365 días | cmplz_functional | Misceláneas | 365 días | WP_PREFERENCES_USER_1 | Misceláneas | WP_DATA_USER_6 | Misceláneas | loglevel | Misceláneas |
Nome | Provedor | Propósito | Caducidade |
---|
Nome | Provedor | Propósito | Caducidade | _gid | Google Analytics | Rexistra unha identificación única que se utiliza para xerar datos estatísticos acerca de como utiliza o visitante o sitio web. | 1 día | _ga_* | Google Analytics | Usamos Google Analytics para website statistics. Leer más | 1 año | _ga | Google Analytics | Rexistra unha identificación única que se utiliza para xerar datos estatísticos acerca de como utiliza o visitante o sitio web. | 2 años | _gat | Google Analytics | Utilízase para acelerar a taxa de solicitudes. | 1 minuto |
---|---|---|---|
__utmz | Google Analytics | Seguimento da procedencia do visitante, que motor de procura usou, en que ligazón fixo clic, que palabra chave usou e en que lugar do mundo atopábase cando accedeu a un sitio web. | 6 meses |
Nome | Provedor | Propósito | Caducidade | _cltk | Microsoft Clarity | Para almacenar unha identificación de usuario única. | 1 año | _clck | Microsoft Clarity | Para almacenar unha identificación de usuario única. | 1 año |
---|---|---|---|
_clsk | Microsoft Clarity | Para almacenar e combinar páxinas vistas por un usuario nunha soa gravación de sesión. | 1 día | Google Fonts API | Google Fonts | Usamos Google Fonts para mostrar fontes web. | Persistente | GPS | YouTube | Para almacenar datos de localización. | sesión | YSC | YouTube | Rexistra unha identificación única para manter estatísticas de que vídeos de Youtube viu o usuario. | sesión | PREF | YouTube | Para almacenar preferencias da iteración coa conta de usuario. | sesión | VISITOR_INFO1_LIVE | YouTube | Tenta calcular o ancho de banda do usuario en páxinas con vídeos de Youtube integrados. | 179 días | rc::c | Google reCAPTCHA | Usamos Google reCAPTCHA para spam prevention. Leer más | session | rc::b | Google reCAPTCHA | Usamos Google reCAPTCHA para spam prevention. Leer más | session | rc::a | Google reCAPTCHA | Usamos Google reCAPTCHA para spam prevention. Leer más | persistente |