Combina Social aposta pola profesionalización dos servizos formando aos seus equipos

Trameve recibe o premio á Excelencia Empresarial da man do Concello de Santiago
18 Xuño 2024
Dixardín asesorará ás persoas usuarias dos hortos urbanos da Deputación de Lugo
18 Xuño 2024

Co fin de mellorar a calidade dos servizos que presta, o centro especial de emprego Combina Social está a levar a cabo formacións dirixidas aos seus equipos de profesionais. Dedicada á organización e xestión de servizos auxiliares para empresas socialmente responsables, esta iniciativa imparte cursos relacionados cos servizos que ofrece.

As temáticas das formacións impartidas foron de Atención ao público, Xestión de emerxencias, Técnicas de limpeza e Resolución de conflictos, tendo como finalidade capacitar ás persoas que traballan en todos os servizos de limpeza que xestiona esta empresa sen ánimo de lucro.

Con esta iniciativa de formación interna, Combina Social mantén o seu compromiso no desenvolvemento profesional do seu equipo, capacitándoo para asegurar a calidade no servizo que presta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade