Dixardín inicia os talleres formativos do proxecto Hortos Urbanos da Deputación de Lugo

Estudantes da facultade de Dereito da USC visita as instalacións de Coregal de Santiago
19 Xuño 2024
As instalacións de Trameve reciben a visita do Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais
2 Setembro 2024

Inicia a actividade do proxecto Hortos Urbanos liderado pola Deputación de Lugo en alianza con Dixardín, no Paseo do Río Rato da cidade lucense, onde a veciñanza empezou o coidado das 150 parcelas de 30 metros cadrados cedidas pola administración provincial.

Esta iniciativa pretende fomentara agricultura de autoconsumo e a economía circular, creando a oportunidade de estar en contacto coa natureza, cultivar a terra de forma natural e sostible e aprender os beneficios do coidado do medio ambiente.

Dende o seu lanzamento, este proxecto contou coa participación de veciñas e veciños en obradoiros educativos prácticos impartidos por Dixardín sobre o mantemento, uso de sementes tradicionais, reciclaxe, redución e reutilización de residuos. Hortos Urbanos tamén contempla manuais formativos e unha páxina web Hortos Urbanos

Participación na feira Biocultura
Outra das actividades levadas a cabo por Dixardín foi a participación na feira Biocultura celebrada en ExpoCoruña. Este evento reuniu a máis de 150 expositores de diversos sectores que fomentan un estilo de vida sostible.

Esta cita serviu para compartir a adquisición de hábitos saudables e respectuosos coa nosa contorna, tendo como grande protagonista da xornada a educación ambiental.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade