Galega de Economía Social visibiliza as iniciativas do grupo COGAMI Empresarial a través do Bono Consolida 2024

As instalacións de Trameve reciben a visita do Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais
2 Setembro 2024
COGAMI Empresarial traballa para reducir o impacto ambiental nas súas iniciativas
11 Outubro 2024

Galega de Economía Social (GES) foi beneficiaria da axuda pública do Bono Consolida Economía Social 2024, destinada a apoiar e consolidar entidades da economía social en Galicia. Con esta axuda, como matriz de COGAMI Empresarial, GES levou a cabo diversas accións para destacar a imaxe das súas empresas como referentes en sostibilidade ambiental, inclusión social e xeración de impacto económico positivo.

Entre as medidas, creouse un manual de ton e relato que pon en valor tanto o labor social dos seus CEEIS como a súa experiencia e profesionalidade na atención ás demandas dos clientes. O resultado deste traballo culminou co claim: “Solucións eficaces ao servizo da túa contorna”.

Posteriormente, empresas como COREGAL, DIXARDIN, COMBINA SOCIAL e GRAFINCO participaron cun stand conxunto na Expo Municipal de Silleda 2024, que tivo lugar do 11 ao 13 de abril. Este evento permitiu, ademais de captar novos clientes, fortalecer relacións coas entidades públicas, destacando o impacto positivo que os servizos de COGAMI Empresarial teñen en concellos máis sostibles e inclusivos.

Ser beneficiaria do Bono Consolida permitiu renovar a imaxe das empresas e cubrir parte dos gastos no deseño do stand, material de comunicación e a produción dun vídeo que, sen esta axuda, non se tería realizado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade