Innovación antes, durante e despois do coronavirus: a revolución dos coidados

Blog de Galega de Economía Social
13 Marzo 2020
Dixardín: compromiso medioambiental
20 Maio 2020

A declaración do estado de alarma e as medidas tomadas polo Goberno en relación ao COVID-19 leváronnos, sen previo aviso e case sen nos decatar, a estar inmersos nun desafío que como sociedade temos que afrontar a nivel global para garantir o benestar das persoas. Unha auténtica revolución que ven a poñer o foco na importancia dos coidados e a súa relevancia para a nosa sociedade.

Ao longo deste mes que levamos de confinamento son moitas as organizacións, empresas e grupos de persoas que están a aplicar solucións diferentes para atender ás problemáticas xurdidas por mor desta situación de emerxencia sanitaria. Tal vez non sexamos conscientes pero iso é innovación social.

En Galega de Economía Social levamos o apelido de Iniciativa Social por iso sabemos ben que sen as persoas e a súa participación social a innovación non sería posible. En GES a innovación social forma parte do noso ADN e xorde do compromiso coas persoas con discapacidade.

Escoitamos frecuentemente falar de innovación social pero, que significa realmente?

Innovación é acción, é un motor que nos permite atopar respostas, unha ferramenta que fai posible introducir melloras que teñen como resposta un impacto social positivo.

E no marco deste novo escenario no que nos movemos son moitas as persoas que decidiron ser parte da solución e poñerse en marcha cos seus produtos, os seus medios ou coa súa comunicación para informar, inspirar, amplificar e demostrar que as boas ideas contribúen, unha vez máis, a mellorar a vida de todas as persoas. Novamente innovar.

Nestes días brotaron centos de iniciativas espontáneas que sacan a nosa mellor versión como sociedade e ás que queremos darlle visibilidade dende este blogue: grupos informais de autoaxuda, veciñas e veciños que por primeira vez ofrécense a facer a compra ás persoas máis maiores, mozas que queren axudar coidando ás nenas e nenos das e os traballadoras/es que non poden quedar na casa, comunidades de makers tentando apoiar ao sistema de saúde coas súas innovacións, grupos de teatro e música que fan espectáculos nas redes sociais para o entretemento de pequenos e maiores,…

E así, xunto aos aplausos nos balcóns que deron comezo en Italia, as mensaxes de ánimo do movemento de ciberactivismo #YoMeQuedoEnCasa e #EsteVirusLoParamosJuntos ou o himno de loita a golpe de “Resistiré”, naceron tamén iniciativas como frenalacurva.net ou piensoluegoactuo.com, plataformas colaborativas onde se aglutinan boas ideas, accións e propostas xurdidas durante o Coronavirus que tenden unha ponte de comunicación entre as persoas, e que vos convidamos a coñecer.

Se algo ten de positiva esta situación que estamos a atravesar é a cantidade de xestos e iniciativas que xurdiron da propia sociedade. Persoas anónimas que buscan axudar e achegar o seu gran de area porque hoxe máis que nunca son tempos para practicar e reivindicar a solidariedade e a responsabilidade colectiva.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade