10 anos Tempe

17º Ribeira Sacra, un festival con todas as persoas incluídas
2 Setembro 2020
Grafinco.gal
2 Novembro 2020

Que certo é que o tempo pasa voando, sobre todo cando as persoas atópanse a gusto co que fan.

Parece que foi onte, pero xa pasaron dez anos desde aquel día no que naceu Tempe, unha marca que aos poucos, e grazas ao voso traballo diario, vaise consolidando no mercado.

Hoxe, podemos celebrar que Tempe é o que é, grazas a que temos xente incrible que fixo seu o proxecto e víveo con gran intensidade, gozando a lume de biqueira dos éxitos que xuntos imos logrando.

10 anos contigo

Moitos foron os fitos que marcaron a nosa andaina como Tempe, acompáñanos neste repaso de 10 dos máis especiais.

En 2010 nace a tenda outlet Tempe a través de Integratex, centro especial de emprego de Galega de Economía Social. Con moita ilusión, comezamos o camiño que percorremos estes 10 últimos anos.

En 2016 incorpórase á rede de tendas de Integratex Pull& Bear, en Ferrol. Desta forma, o centro especial de emprego ao que pertencemos conta actualmente con tres tendas `for& from´ que funcionan baixo o modelo franquía de Inditex.

Tempe é a segunda iniciativa de Integratex dentro do programa ‘for& from’ de Inditex para a inclusión sociolaboral de persoas con discapacidade. O proxecto inicia en 2017 coa apertura en Allariz de Massimo Dutti.

Ao longo destes 10 anos dedicamos grandes esforzos e enerxías no noso proxecto. Como resultado, Integratex conta actualmente con 25 persoas traballadoras, 23 delas con discapacidade.

Un dos nosos principais obxectivos é crear emprego de calidade para persoas con discapacidade. Seguindo esa máxima, en 10 anos creamos emprego estable para 5 persoas, sendo para 3 delas a súa primeira experiencia laboral.

En Tempe comercializamos o calzado e os complementos das oito marcas do Grupo Inditex, baixo o concepto de “espazos inclusivos” onde todas as persoas, con ou sen discapacidade, contan.

Etiquetaxe en braille, lectura de etiquetas por formas e cores, e mobiliario e percorridos accesibles, para que todas as persoas poidan acceder nas mesmas condicións de usabilidade ás nosas contornas, produtos e servizos.

Fomentamos a creación de postos de traballo nunha contorna favorable que permita que as persoas con discapacidade intelectual poidan aumentar a súa calidade de vida e desenvolver a súa autonomía.

Desde o inicio, o primeiro paso foi mellorar a formación do noso equipo co obxectivo de que as persoas que o forman estean en condicións de desenvolver unha tarefa profesional e facilitar o seu tránsito cara á contratación en tendas ordinarias.

Por último, nos enorgullecemos de consolidar o noso proxecto empresarial como modelo que combina rendibilidade social e económica incrementando a nosa facturación nun 75%.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade