Activa Social ETT: Hai Mil Razóns

O mundo detívose, pero seguiu reciclando
17 Xaneiro 2021
Plan de Igualdade de COGAMI Empresarial
24 Marzo 2021

 Candidaturas

Hai mil razóns para dar a coñecer o teu talento

Activa Social ETT presenta o seu novo portal de emprego para persoas con discapacidade: activasocial.gal Unha plataforma renovada co obxectivo de potenciar o acceso ao mercado de traballo das persoas con discapacidade e avanzar na inclusión.

Tras darse de alta no portal, as persoas candidatas a un emprego acceden a un buscador de ofertas onde localizar vacantes por localidade e categoría. A plataforma tamén inclúe información acerca do uso do certificado de discapacidade no ámbito laboral e sobre os servizos de orientación profesional, intermediación laboral e mellora da empregabilidade.

Estes cambios achegan ás persoas con discapacidade ás novas tecnoloxías, cunha plataforma web máis accesible e unha navegación moi intuitiva. Todas estas accións leváronse a cabo coa intención de aumentar as posibilidades de contratación de persoas con discapacidade.

Hai mil razóns para dar a coñecer o teu talento, tantas como para darte de alta en activasocial.gal, o portal de emprego referente en Galicia para as persoas con discapacidade.

 

 

Empresas

Hai mil razóns para investir no mellor talento

Como mínimo, hai mil razóns para contratar unha persoa con discapacidade. Esta é a mensaxe que Activa Social ETT quere transmitir con motivo do lanzamento do seu portal de emprego activasocial.gal, unha plataforma destinada a potenciar o acceso ao mercado de traballo das persoas con discapacidade e avanzar na inclusión social.

Con ocasión da renovación da web activasocial.gal, Activa Social ETT lanza a campaña Hai mil razóns cun dobre obxectivo: por un lado, informar e animar ás persoas con discapacidade a que utilicen os servizos do portal, que inclúen orientación e acompañamento para incrementar as súas opcións a un emprego de calidade e, por outro, concienciar ás empresas para que a través de activasocial.gal atopen profesionais para cubrir as súas demandas.

O labor de activasocial.gal consiste en poñer en contacto a persoas candidatas e empresas, para axudar a ambos a alcanzar o seu máximo potencial.

 

Dende 2013 Activa Social ETT, xestionou a contratación de 1.500 persoas con discapacidade, posibilitando a súa inserción no mercado laboral. Alcanzar esta cifra foi posible gracias á colaboración con pemes e grandes empresas de sectores como o alimentario, agricultura, loxística, téxtil, automoción, servizos, naval ou turístico.

 

 

Activa Social ETT destaca as vantaxes de contratar persoas con discapacidade ofrecendo ás empresas e organizacións servizos de intermediación laboral para atraer a potenciais candidaturas así como identificar as áreas e/ou postos de traballo susceptibles de ser desempeñados por persoas con discapacidade, promovendo a Responsabilidade Social e desenvolvendo accións de concienciación sobre o valor e a capacidade das persoas con discapacidade. Á súa vez, informan sobre todo o relacionado coa contratación de persoas con discapacidade, contribuíndo a garantir a cota de reserva nas empresas de máis de 50 persoas traballadoras, entre outros recursos.

Hai mil razóns para investir no mellor talento, tantas como para buscar persoas candidatas en activasocial.gal, o portal de emprego referente en Galicia para as persoas con discapacidade.

 

Activa Social ETT

Tes unha nova oportunidade.

Hai mil razóns

Apúntate en activasocial.gal

 

 

 

 

 

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade