COGAMI Empresarial elabora 3 guías sobre sostibilidade e accesibilidade no marco do proxecto CEPES

Como se recicla o plástico?
3 Maio 2022
En Accede Social non existen traballos `para el´ ou `para ela´
25 Setembro 2023

Despois dun ano da súa posta en marcha, remata o proxecto denominado “Plan para a creación e testeo dunha liña de asesoramento en sostibilidade e accesibilidade universal a concellos” que estivo cofinanciado pola Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES), en calidade de Organismo Intermedio do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES) do Fondo Social Europeo (FSE) 2014-2020.

O obxectivo do Proxecto, que arrincou en xuño de 2021 e finalizou en xullo de 2022, foi a mellora da competitividade e medidas de consolidación empresarial dos catro centros especiais de emprego de COGAMI Empresarial (Coregal, Dixardín, Combina Social e Galega de Economía Social) que se implicaron neste proxecto piloto aportando a súa experiencia e coñecementos nos ámbitos da sostibilidade e da accesibilidade.

Durante este período conformouse un equipo de traballo, realizáronse obradoiros formativos que favoreceron a creación de manuais de boas praxes para os tres concellos cos que se colaborou, (Muros, Mazaricos e Corcubión), tanto na xestión de zonas verdes como tamén en accesibilidade, na xestión de residuos e en sensibilización e comunicación.

Os tres manuais elaborados están orientados especificamente ás seguintes áreas:

 

  • Guía para eventos sostibles: sobre como integrar medidas en sostibilidade, eficiencia enerxética, provedores locais, accesibilidade, coidado do medio, igualdade,..
  • Guía introdutoria para integrar a accesibilidade en sendeiros e roteiros: documento sobre a correcta sinalización e adecuación de camiños para que todas as persoas podan gozar deles, na medida do posible.
  • Guía de accesibilidade para entidades públicas locais: unha mirada integral sobre os diferentes ámbitos nos que a perspectiva da accesibilidade e do deseño universal deberían terse en conta por parte dunha entidade pública local: comunicación, linguaxe e trato coas persoas, a esfera dixital e o mundo físico (urbanismo e edificación).

 

Trala elaboración das guías xurdiron novas liñas de traballo vinculadas cos servizos que prestan os nosos centros especiais de emprego. Como exemplo, Combina Social está a abordar un anteproxecto de ordenación da área de Ancoradorio, en Muros, asinouse unha colaboración con 17º Festival Ribeira Sacra para o deseño dun plan de accesibilidade e, como última novidade, vén de ser aprobado, a través de CEGASAL e a convocatoria Rede EUSUMO, un proxecto para organizar unha feira ou festival que poña en valor a economía social como parte fundamental da economía circular.

 

 

 

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade