Galega de Economía Social explora novas liñas de actividade a través dun proxecto que financia CEPES

Grafinco certifica que todo o produto que sae desta imprenta é sostible e respectuoso co medioambiente
25 Xuño 2021
O coche, un exemplo de economía circular
24 Xullo 2021

A Confederación Empresarial da Economía Social (CEPES), en calidade de Organismo Intermedio do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES) do Fondo Social Europeo (FSE) 2014-2020, publicou en xuño do 2020 unha axuda dirixida á mellora da competitividade e medidas de consolidación empresarial das empresas de inserción, cooperativas de iniciativa social, centros especiais de emprego de iniciativa social e outras entidades da economía social.

Galega de Economía Social é unha das entidades beneficiarias no marco do proxecto denominado “Plan para a creación e testeo dunha liña de asesoramento en sustentabilidade e accesibilidade universal a concellos por parte do Grupo Galega de Economía Social.

Esta iniciativa contempla os seguintes obxectivos a cumprir ao longo de once meses, dende xuño do 2021 ata xullo de 2022:

  1. Conformar un equipo de traballo técnico entre empresas nas que cada perfil aporte coñecemento complementario ao equipo, en función do seu ámbito de experiencia. Galega de Economía Social intervén na coordinación e xestión do grupo de traballo así como na coordinación do proxecto.
  2. Testar as potencialidades que ofrecen ámbitos como a sustentabilidade e a accesibilidade universal para explorar potenciais liñas de negocio para o Grupo.
  3. Sensibilizar e propoñer melloras vinculadas á sustentabilidade e accesibilidade universal nos concellos cos que se realice este proxecto (Muros, Corcubión e Mazaricos).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade