ODS 8: Traballo decente e crecemento económico

As persoas, primeiro
16 Setembro 2021
Medidas alternativas
26 Novembro 2021

O emprego, unha das chaves da inclusión

Para Galega de Economía Social, en todos os sectores onde opera, o emprego non é un medio para lograr un fin económico: o emprego é o fin, o obxectivo, o logro, cando unha persoa con discapacidade accede a un posto de traballo, e tórnase nun medio para acadar o seu proxecto de vida. Por iso é polo que o noso esforzo vira en ofrecer oportunidades a través do emprego digno a moitas persoas cuxo risco de exclusión laboral e, polo tanto, social, é maior que para o resto da cidadanía.

O modelo de GES demostra que a realidade social e a económica son perfectamente compatibles coa creación de emprego, panca de inclusión real e efectiva. Nada inclúe máis que un salario digno.

Por iso a nosa razón de ser é unha aposta rotunda polo emprego. Máis de 650 profesionais fan seus os nosos valores.

Son máis que datos, máis que números. Detrás de cada unha das persoas que desenvolven a súa actividade nas empresas de GES hai unha historia de inclusión laboral, paso destacado cara á inclusión social, a igualdade de oportunidades e ao cumprimento dos dereitos das persoas con discapacidade.

Empresas con crecemento sostible e social

O proxecto empresarial de GES nace como resposta a unha realidade: as dificultades que teñen as persoas con discapacidade para conseguir un posto de traballo. Por iso, o compromiso social, a competitividade e a rendibilidade económica guían a actividade de Galega de Economía Social, que día a día demostra que un crecemento económico e inclusivo á vez é posible, xerando prosperidade, oportunidades e valor compartido para toda a sociedade.

GES desenvolve unha actividade ampla e diversificada en 11 iniciativas empresariais agrupadas en distintos sectores de negocio (alimentación, artes gráficas, consultaría, distribución, transporte, medio ambiente e téxtil), que dan lugar a unha oferta integral, flexible e personalizada.

Todos eles son centros especiais de emprego (CEE), figura recoñecida legalmente como un dos tipos de entidades da Economía Social. Conta no seu persoal con máis dun 90% de persoas con discapacidade.

Isto achega un plus de valor diferencial e competitivo á oferta de GES, debido a que ofrece a potenciais persoas e empresas colaboradoras e clientas a posibilidade de compartir os nosos valores e proxecto socioempresarial e, á vez, cumprir coa normativa vixente en materia de emprego de persoas con discapacidade.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade