A historia de Silvia

Plan de Igualdade de COGAMI Empresarial
24 Marzo 2021
A historia de Virginia
14 Maio 2021

En Accede Social somos conscientes do importante papel que temos as empresas en materia de igualdade. Por iso, levamos anos traballando cun obxectivo claro: ser motor de cambio na sociedade.

 

Somos o primeiro centro especial de emprego de Galicia que asinou o seu I Plan de Igualdade o que xa demostra a nosa implicación e compromiso coa igualdade entre mulleres e homes. Un plan que conta con 13 actuacións, 5 delas xa implementadas, que pretenden seguir avanzando na igualdade de oportunidades, na nosa empresa en particular e na sociedade en xeral. Algunhas delas son a visibilización da muller no sector do transporte; a redución de xornada por razóns de estudos ou coidados a persoas maiores, enfermas, con discapacidade ou con dependencia; ou formacións específicas sobre igualdade a todo o equipo Accede.

 

Seguir mellorando é o noso reto

 

En Accede Social apostamos polo talento, sen discriminacións de ningún tipo. E hoxe podemos afirmar con orgullo que a forma na que o estamos facendo está a funcionar. Mulleres en postos directivos, traballadoras e traballadores que exercen o seu dereito á conciliación,… Lideramos co exemplo e os resultados obtidos son un acicate para continuar avanzando.

 

O noso obxectivo continuará sendo a consecución da igualdade real e efectiva, porque é parte da nosa cultura e os nosos valores.

 

Avanzando en Igualdade!

 

Silvia Alende

Xerente de Accede Social

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade