COGAMI Empresarial presente en ExpoMunicipal, a primeira feira de produtos e servizos para concellos

Hornos de Lamastelle participa na degustación gastronómica solidaria de As Cancelas
19 Xuño 2024
Estudantes da facultade de Dereito da USC visita as instalacións de Coregal de Santiago
19 Xuño 2024

Co obxectivo de poñer en contacto ás administracións locais coas empresas, o recinto feiral de Silleda celebrou a primeira edición da feira ExpoMunicipal, un punto de encontro para que as administracións locais coñezan as solucións que ofrecen as empresas para satisfacer as necesidades da cidadanía e incrementar a súa calidade de vida.

Dixardín, Coregal, Combina Social e Grafinco foron catro dos dez centros especiais de emprego de iniciativa social de COGAMI Empresarial que asistiron a esta feira, que acolleu 520 empresas de 24 países con programacións paralelas de actividades e demostracións. As catro iniciativas presentaron os seus produtos e servizos relacionados cos sectores de medio ambiente, paisaxismo, xestión e tratamento de residuos, mobiliario urbano, limpeza municipal, outsourcing, accesibilidade e impresión.

ExpoMunicipal converteuse nunha cita esencial para que os municipios e entidades territoriais puidesen coñecer todas as solucións que as empresas ofrecen para satisfacer as necesidades dos seus habitantes e cumprir coa Axenda 2030. Ademais, serviu como foro de reflexión e debate sobre temas de máxima actualidade no ámbito da xestión municipal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade