Dixardín asesorará ás persoas usuarias dos hortos urbanos da Deputación de Lugo

Combina Social aposta pola profesionalización dos servizos formando aos seus equipos
18 Xuño 2024
A Xunta acredita a Galega de Economía Social como empresa socialmente responsable
18 Xuño 2024

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, fixo entrega dos 27 hortos urbanos do Paseo do Río Rato da cidade lucense. Son parcelas de 30 metros cadrados que van ser traballadas por veciñas e veciños “de maneira gratuíta para o seu uso e goce como actividade de lecer, social e mesmo educativa”, explicaba o Presidente provincial.

Neste proxecto de fomento da sostibilidade está presente Dixardín, centro especial de emprego de COGAMI Empresarial que se encargará de dinamizar, poñer en valor, conservar, apoiar e acompañar durante todo o proxecto, ás persoas que cultivan os hortos. Para resolver dúbidas que poidan xurdir nos cultivos, profesionais de Dixardín, estarán dispoñibles de xeito presencial, por correo electrónico ou por teléfono.

Para comezar a producir no horto, fíxose entrega dunha carpeta serigrafiada con información de interese, ferramentas de traballo e plantas.

Parque da Lembranza

Outro dos traballos que levou a cabo Dixardín na cidade de Lugo é o conxunto de esculturas de madeira e metal do parque municipal da Lembranza, situado no barrio do Carme. Ata alí desprazouse a alcaldesa da cidade, Paula Alvarellos, acompañada do xerente da iniciativa empresarial, Carlos Iglesias, para ver os resultados desta nova zona verde.

É un espazo creado para a lembranza da solidariedade da cidade durante a pandemia do Covid19. As esculturas están rodeadas de prantas autóctonas, unha homenaxe ás vítimas,  profesionais e resto da cidadanía lucense.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade