Hornos de Lamastelle participa na degustación gastronómica solidaria de As Cancelas

A Xunta acredita a Galega de Economía Social como empresa socialmente responsable
18 Xuño 2024
COGAMI Empresarial presente en ExpoMunicipal, a primeira feira de produtos e servizos para concellos
19 Xuño 2024

O centro comercial As Cancelas de Santiago de Compostela celebrou unha degustación gratuíta e solidaria de empanada galega en colaboración con Hornos de Lamastelle, iniciativa social de COGAMI Empresarial.

Esta actividade está integrada na última campaña organizada por este centro comercial compostelán que, durante o mes de abril, presentou a programación de actividades relacionadas cos cinco sentidos.

A acción levada a cabo con Hornos de Lamastelle estivo enfocada no gusto, complementando o resto de experiencias sensoriais relacionadas coa vista, o tacto, o olfacto e o oído.

O evento rematou tras esgotar existencias e contou coa presenza dun Dj que amenizou a xornada con música en directo para todas as persoas que realizaban as súas compras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade