Hornos de Lamastelle presenta o seu produto en InterSICOP

Cualicar fano as persoas
27 Novembro 2023
Trameve recibe o premio á Excelencia Empresarial da man do Concello de Santiago
18 Xuño 2024

Dende os días 14 ao 17 de febreiro, o Salón Internacional de Panadería, Pastelería, Xeladería, Café e Equipamento, Intersicop, abría as súas portas no recinto feiral IFEMA de Madrid, para conmemorar a súa décimo cuarta edición.

Hornos de Lamastelle foi unha das máis de 175 empresas procedentes de oito países que acudiu a esta feira para presentar os seus produtos, como son a empanada tradicional galega, a Tarta de Santiago IGP e os biscoitos.

Esta feira está considerada como un referente para a industria da panadería e pastelería, permitindo manter contactos e xerar negocio entre profesionais do sector. Supón unha oportunidade para estar preto de clientes, manter un contacto directo e tamén para darse a coñecer e captar novos contactos dentro do sector alimentario.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade