Plan de Igualdade de COGAMI Empresarial

Activa Social ETT: Hai Mil Razóns
17 Febreiro 2021
A historia de Silvia
30 Abril 2021

Para Galega de Economía Social, matriz do grupo COGAMI Empresarial, a igualdade non é opcional. A nosa política de Recursos Humanos está baseada no desenvolvemento das persoas, sen ningún tipo de discriminación por cuestión de xénero.

 

Conscientes de que a realidade social está aínda afastada da igualdade efectiva en moitos aspectos, e fieis ao noso compromiso coa sociedade e coa nosa cultura e valores, apostamos firmemente pola igualdade, garantindo que todas as persoas que aquí traballamos teñamos as mesmas oportunidades.

Mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade é parte da nosa razón de ser e isto non só pasa por crear un lugar de traballo diverso e inclusivo, senón tamén por xerar cambios en materia de igualdade que impacten positivamente na sociedade.

As empresas temos un importante papel para conseguir unha sociedade igualitaria e é unha responsabilidade que no grupo empresarial asumimos con orgullo.

 

O noso compromiso coa igualdade

Iniciamos plans de igualdade nas nosas iniciativas empresariais: os primeiros postos en marcha foron os dos centros especiais de emprego Accede Social (2019), Combina Social e Coregal (1º semestre de 2020). Seguíronlle os de Hornos de Lamastelle, Dixardín e GES, no segundo semestre de 2020.

Todos eles conteñen unha serie de obxectivos, acompañados de medidas, accións e un plan de seguimento, coa finalidade de dar cumprimento ás previsións a partir das liñas de mellora que se detectaron na fase de diagnóstico e sobre as que a Comisión de Igualdade vén traballando conxuntamente.

Co desenvolvemento dos plans de igualdade estamos a dar pasos firmes no noso camiño cara á igualdade na promoción, formación, retribución, conciliación, acceso ao emprego, captación de talento e loita contra o acoso laboral de cada unha das persoas traballadoras dos nosos centros especiais de emprego. Celebramos todo o conseguido ata o de agora e tamén temos a vista posta en todo o que nos queda por facer, nos obxectivos cara aos que nos diriximos, como equilibrar postos de traballo que, a día de hoxe, están masculinizados.

Por iso, queremos falar en voz alta e clara sobre igualdade de oportunidades, igualdade de salarios, equilibrio entre mulleres e homes en todas as nosas áreas de actividade, das medidas xa implantadas e das que están en marcha. E queremos facelo a través das experiencias de igualdade entre mulleres e homes da nosa Organización.
Convidámosche a descubrir as súas historias, que son a nosa: Avanzando en Igualdade!

 

        

A historia de Silvia Alende                                                A historia de Virginia 

Xerente en Accede Social                                                 Punto Limpo de Coregal, en Arzúa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade