As instalacións de Trameve reciben a visita do Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Dixardín inicia os talleres formativos do proxecto Hortos Urbanos da Deputación de Lugo
19 Xuño 2024
Galega de Economía Social visibiliza as iniciativas do grupo COGAMI Empresarial a través do Bono Consolida 2024
4 Outubro 2024

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, Pablo Fernández, visitou en Santiago de Compostela o centro especial de emprego Trameve, un centro autorizado de tratamento de vehículos fóra de uso (VFU), xa sexa por sinistro ou fin de vida útil. Acompañado polo xerente desta iniciativa de COGAMI Empresarial, Luis Penido, o Secretario Xeral puido ver en primeira persoa o funcionamento deste centro de traballo no que operan 12 persoas, máis do 92% en posesión do certificado de discapacidade.

O secretario xeral destacou a aposta de Trameve polo tratamento medioambiental de vehículos fóra de uso, avogando por procesos limpos e seguros que respectan a contorna e promoven a reutilización das pezas. Nesa liña, puxo de relevo o labor desta iniciativa dentro da economía social galega, avanzando non só na inclusión das persoas con discapacidade senón tamén nunha liña de negocio solidaria e respectuosa co medio ambiente, combinando así rendibilidade económica, ambiental e social.

Trameve

Cunhas instalacións de 14.400 m2 situados no polígono do Tambre, en Santiago de Compostela, Trameve dedícase ao desguace e comercialización de recambios de vehículos mediante a realización de procesos seguros e respectuosos co medio ambiente, aliñados cos principios da economía circular, promovendo a reutilización de pezas e fomentando, ao mesmo tempo, a xestión responsable dos residuos.

Dotada coas certificacións ISO 9001 de xestión de calidade e ISO 14001 de xestión ambiental, esta iniciativa é un dos negocios de referencia na venda de pezas de recambio na contorna de Santiago de Compostela. Proba diso é o incremento que se ten producido nun 5% no volume de facturación do ano pasado, ocasionado polas 12.227 pezas vendidas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade