COGAMI Empresarial impulsa a súa competitividade cun novo proxecto de Atención Integral Centrada na Persoa e Sustentabilidade

COGAMI Empresarial traballa para reducir o impacto ambiental nas súas iniciativas
11 Outubro 2024

A Confederación Española de Economía Social (CEPES) deu luz verde a un proxecto de COGAMI Empresarial orientado a fortalecer a competitividade do seu grupo de empresas. Titulado A Atención Integral Centrada na Persoa e a Sostibilidade Ambiental: Pancas para o mantemento do emprego e o fortalecemento, este proxecto ten como obxectivo principal impulsar a formación e capacitación do persoal laboral, garantindo a continuidade dos postos de traballo e a mellora das condicións laborais.

A través deste proxecto, COGAMI Empresarial integrará a metodoloxía de Atención Integral Centrada na Persoa (AICP) na súa xestión, promovendo a adquisición de competencias transversais para o emprego que aumentarán a cualificación do persoal. Ademais, inclúe a creación dunha estratexia de sustentabilidade conxunta que permitirá desenvolver plans de acción específicos en cada empresa pertencente ao grupo. Esta estratexia busca mellorar a eficiencia operativa, reducir o impacto ambiental e reforzar a comunicación en materia de sustentabilidade.

Este proxecto beneficiará a todos os Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social de COGAMI Empresarial sendo as principais beneficiarias, ademais de Galega de Economía Social, COREGAL e Hornos de Lamastelle debido á súa relevancia dentro do grupo. Estas entidades contarán con partidas orzamentarias específicas para avanzar nos obxectivos do proxecto.

Cun período de execución de 35 meses, desde febreiro de 2024 ata decembro de 2026, o proxecto conta cun orzamento total de 468.437,08 €, o 60% cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus. Esta iniciativa inscríbese no marco do programa EFESO 2021-2027, no que CEPES actúa como organismo intermedio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade