COGAMI Empresarial traballa para reducir o impacto ambiental nas súas iniciativas

Galega de Economía Social visibiliza as iniciativas do grupo COGAMI Empresarial a través do Bono Consolida 2024
4 Outubro 2024
COGAMI Empresarial impulsa a súa competitividade cun novo proxecto de Atención Integral Centrada na Persoa e Sustentabilidade
8 Novembro 2024

Ante a crise climática e ambiental identificada como un dos grandes desafíos deste século, COGAMI Empresarial asume un papel proactivo á hora de afrontar este reto, traballado para minorar os posibles impactos ambientais derivados das súas actividades. O impulso dunha estratexia de sostibilidade vén dada porque somos conscientes de que a calidade da nosa contorna inflúe directamente na condición de vida das persoas, con especial impacto nos colectivos máis vulnerables.

COGAMI dentro do Plan Estratéxico 2023-2026 recolle como reto a Política de Sostibilidade Ambiental como compromiso formal que promove obxectivos e accións concretas a desenvolver neste período. E un dos primeiros pasos que dá neste avance é a creación do grupo de traballo de Sostibilidade Ambiental, que se encargará de facer un seguimento das accións realizadas, sistematizará a recollida de datos e recompilará e divulgará boas prácticas.

Algunhas das accións levadas a cabo en materia de sostibilidade están relacionadas co impulso da instalación de paneis solares nas iniciativas empresariais, aposta por enerxías procedentes de fontes renovables, sensibilizar ao persoal traballador en boas prácticas ambientais nos centros de traballo, calcular a pegada de carbono na procura de diminuír o impacto da actividade e reducir o consumo de papel e apostar pola dixitalización de procesos.

Para que este compromiso do coidado do medio ambiente sexa efectivo, COGAMI Empresarial contará con apoio de financeiros como o Fondo Social Europeo a través dun proxecto aprobado por CEPES de Atención Integral Centrada na Persoa e Sostibilidade Ambiental: pancas para o mantemento e fortalecemento do emprego.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade